A Asociación Veciñal do barrio ferrolano de Canido incorpora como novidades este curso clases de tai chi e baile galego

Canido iniciará en setembro o curso 2026/27 cunha ampla oferta de actividades regulares pensada para todos os gustos e idades. O prazo de inscripción abriu esta pasado martes día 1 de setembro. Entre as novidades deste curso
destacan as clases de tai chi, impartidas por Iolanda Teixeiro, e de baile galego, con Noemí Picos. Estas propostas sumaranse ao resto das actividades promovidas polas diferentes entidades que integran a Intrabarrial de Canido.

A partir do 1 de setembro, as persoas interesadas poderán consultar os detalles das actividades, os horarios e a información relativa ás inscricións na páxina web da Asociación Veciñal de Canido:http://www.avcanido.org

Programación en setembro
A programación cultural de setembro incluirá tamén dúas sesións do festival “Entes Animados… e máis….”. A primeira estará dirixida ao público adulto e celebrarase o sábado 12 de setembro, ás 21.00 horas. A segunda, destinada ao público familiar, terá lugar o domingo 20 de setembro, ás 12.30 horas. Durante o videiro mes celebrarase, ademais, a primeira sesión do ciclo Asaltos Literarios (día 11 de setembro) , así como unha nova cita de O Barrio é Noso (18 de setembro).

Todas as novidades da programación difundiranse tamén a través da canle de WhatsApp de Canido, dispoñible na seguinte ligazón: https://whatsapp.com/channel/0029Vb67B5dF1YlQw2nJNX12

 

Lea también

La Xunta licita por unos 269.000€ las mejoras de climatización en dos centros de salud del Área Sanitaria de Ferrol

La Xunta de Galicia ha publicado en el Portal de Contratos Públicos de Galicia la …