A Copa Deputación de fútbol feminino dispútase en Pontedeume

Centos de afeccionados congregaranse no campo de fútbol da Gándara para gozar dos encontros de semifinais e a gran final a partir das 19:00 horas.

Fuente Diputación de A Coruña

O campo de fútbol da Gándara, no concello de Pontedeume, acolle o sábado 5 de setembro, a fase final da Copa Deputación de fútbol feminino, na que se darán cita  a SR San Xoán de Calo, o Atlético San Pedro, o Xallas FC e a SD O Val.

A competición comezará pola mañá cos partidos de semifinais. Ás 10:30 horas dará arranque a competición co enfrontamento entre o Atlético San Pedro e a SD O Val; seguido, ás 12:30 horas, xogarase o Xallas FC contra a SR San Xoán de Calo. Xa pola tarde, a partir das 19:00 horas, arrancará a gran final que coroará ao equipo campión do fútbol feminino coruñés.

Fuente Diputación de A Coruña

En categoría feminina, ao igual que na masculina, a Copa Deputación outorga 12.000 euros en premios (5.000 ao campión, 4.000 ao subcampión e 1.500 aos dous semifinalistas eliminados).

Á entrega de premios, que terá lugar inmediatamente despois de coñecer ao equipo campión, asistirán en representación da Deputación da Coruña o voceiro do goberno provincial e alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández, e o deputado de Deportes, Antonio Leira.

A organización do torneo espera que esta cita converta Pontedeume e o campo da Gándara no epicentro do fútbol feminino galego durante a xornada do sábado, atraendo a centos de persoas a gozar dunha xornada de fútbol.

Lea también

O campo da Veiga acolle o XXXII Trofeo de Fútbol Concello de San Sadurniño

A UDC Narahío e o CF San Sadurniño enfrontaranse este domingo 30 de agosto, ás …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *