Presentouse en Neda o último número da revista ‘Olga’

Presentación da revista Olga | Concello de Neda

Como marca a tradición, un verán máis o Concello de Neda acollía a presentación dun novo número deOlga. Revista de Poesía Galega en Madrid”. Non era un acto calquera, xa que a publicación cumpre neste 2026 dez anos de vida, un auténtico “milagre” hoxe en día para unha revista en papel como sinalaba Manuel Pereira, secretario e “xefe de máquinas” da publicación.

Presentación da revista, con Vicente Aragüas sentado al fondo | Fot. Concello de Neda

Vicente Araguas, fillo predilecto de Neda e director da revista, poñíase como reto duplicar cifras e alcanzar os 34 números de Olga. Neste último, a revista, que suma 14 colaboracións, preséntase a modo de homenaxe do editor, poeta e memorialista Sabino Torres, ideólogo de Olga, cando se cumpren precisamente dez anos do seu pasamento.

presentación revista Olga neda

O acto incluía un recital poético que inauguraba Xoán García, e no que participaban outros autores como Antonio Polo, José Ignacio Cadenas, Carlos Neira, Pedro Rascado, Pura Tejelo e Xosé María Dobarro.

Unha tarde de poesía na que quedamos cos versos de Manuel Pereira, “para min do verán nada queda/ sen a tarde de Olga en Neda».

Lea también

ABANCA, Afundación e o Concello de Ares presentan a mostra fotográfica «Nós tamén fomos emigrantes»

A inauguración terá lugar este martes 25 de agosto, ás 10.00 horas, na Alianza Aresá. …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *