O V Trail dos Irmandiños reúne en Moeche máis de 400 participantes

Mario Rouco Rey e Verónica Bugliot Fernández impóñense na proba longa, mentres José Francisco Rocha García e Andrea Yéritza Vergara Villada vencen no trail curto.

Fuente Concello de Moeche
O Campo do Festival de San Xurxo de Moeche converteuse este sábado no punto de encontro de centos de persoas coa celebración do V Trail dos Irmandiños Castelo de Moeche, unha proba organizada polo Club Deportivo 21 Leguas e integrada no programa do Festival Irmandiño.
 
A quinta edición da carreira volveu combinar deporte, natureza, patrimonio, cultura e compromiso social, nunha xornada que contou con máis de 400 persoas inscritas nas diferentes modalidades. O percorrido levou ás e aos participantes por un contorno marcado pola paisaxe e polo patrimonio de Moeche, co castelo como un dos grandes referentes da actividade.
 
Na modalidade longa, de 16,5 quilómetros e 700 metros de desnivel positivo, o triunfo masculino foi para Mario Rouco Rey, que completou a proba en 1:16:30. A segunda posición foi para José Santiago Villar, cun tempo de 1:19:06, mentres que o terceiro posto correspondeu a Luis López-Rioboo Salinas, que cruzou a meta en 1:20:38.
 
No apartado feminino da distancia longa, Verónica Bugliot Fernández foi a vencedora cun tempo de 1:30:46. Marta Real Valino, con 1:37:36, ocupou a segunda posición, e Laura Prieto completou o podio feminino.
 
Na modalidade curta, de 12 quilómetros e 500 metros de desnivel positivo, o triunfo masculino foi para José Francisco Rocha García, cun tempo de 59:34. Rubén Pena Muiño foi segundo, con 1:03:33, e Celso Armendáriz Expósito terceiro, con 1:07:15.
 
O podio feminino do trail curto estivo encabezado por Andrea Yéritza Vergara Villada, vencedora cun tempo de 1:18:50. A segunda posición foi para Teresa Arteche Castro, con 1:23:07, e a terceira para Laura Felisa López López, con 1:24:43.
 
Moito máis ca unha carreira
 
O Trail dos Irmandiños naceu coa vontade de ser algo máis que unha competición deportiva. O Club Deportivo 21 Leguas aposta por facer do deporte unha ferramenta de participación, convivencia e compromiso coa sociedade, integrando a actividade deportiva no contexto cultural e festivo do Festival Irmandiño.
 
Nesta edición mantívose tamén o Dorsal 0, unha iniciativa de carácter solidario destinada a apoiar a asociación Deleción 1p36, dando visibilidade ás enfermidades raras e ás necesidades das persoas afectadas e das súas familias. O Dorsal 0 permite colaborar mediante un donativo, mesmo sen participar nas probas deportivas.
 
A organización quere agradecer a participación de todas as persoas corredoras, así como a colaboración do voluntariado, entidades, patrocinadores e institucións que fixeron posible a celebración desta quinta edición.
 
O V Trail dos Irmandiños consolídase así como unha das propostas deportivas vinculadas ao Festival Irmandiño e como unha actividade que busca poñer en valor o territorio de Moeche a través do deporte, a natureza, o patrimonio e a solidariedade.

Lea también

El Citroën C3 pilotado por Berdomás y Mirón conquista el 57 Rallye de Ferrol

Los ganadores lograron seis de los mejores ocho tiempos de los tramos cronometrados celebrados. Daniel …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *