O CIRS de Cervás de Ares organiza o V Setembrock

Conta atrás para a V edición do Setembrock que organiza o CIRS de Cervás; e que este ano vai celebrarse o sábado 5 de setembro na pista polideportiva, a partir das 21 horas. A Xunta Directiva presentou o cartel dos grupos que actuarán neste evento: Cortem, No hay tregua, Niño asqueroso e Perros de Kaza.

Esta quinta edición vén consolidar un proxecto que nacera hai cinco anos baixo a idea de ofrecer un espazo para presentar os seus proxectos musicais aos grupos da localidade e da contorna; cun formato que non pretende competir outros eventos, mais sí a procura da participación activa da xente nun clima de convívio e festa; como proba a asistencia ás anteriores edicións.

«Desde a organización queremos agradecer tamén a colaboración de Sabela Seco, que ao igual que o pasado ano fixo o deseño do cartaz do evento».

Como complemento aos concertos, a organización disporá dun servizo de cantina (bebidas, hamburguesas, bocadillos….) para dar servizo á xente que asista ao evento, ao tempo que axudar ao financiamento do mesmo.

Lea también

Esmelle prepárase para celebrar este domingo a XXIII Romaría Castrexa

Este domingo 23 de agosto na parroquia ferrolana de San Xóan de Esmelle celebrase a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *