Neda reordena o tráfico na rúa Xeneral Morgado

O Concello de Neda vén de completar a reordenación do tráfico na rúa Xeneral Morgado, acceso principal ao casco antigo da vila. A intervención ten como finalidade facilitar a visibilidade nas incorporacións, mellorar a fluidez da circulación rodada, e optimizar a seguridade viaria.

Fuente Concello de Neda

A cuadrilla de obras do PEL – Concellos 2026 ocupouse nas últimas semanas dos traballos de sinalización horizontal – pintado de liña amarela- e vertical -colocación de sinais- nunha das beiras desta vía de dobre dirección na que, por mor do estacionamento nas dúas marxes, resultaba practicamente imposible que se cruzaran dous coches.

A prohibición de estacionar cínguese ao treito comprendido entre a intersección coa rúa Sobre a Vila e a confluencia coa Concepción Arenal.

Lea también

Agredido un sindicalista de la CIG en As Pontes durante la colocación de una pancarta

La Confederación Intersindical Galega (CIG) ha manifestado su total condena y repulsa ante la agresión …