Valdoviño anuncia a apertura de inscricións na IX Volta ás Forcadas

Celébrase o domingo 14 de xuño a partir das 11:00 horas.

Valdoviño. Volta ás Forcadas Salida carreira absoluta foto arquivo edicións anteriores

O Concello de Valdoviño avanzou a apertura do prazo de inscricións na IX Volta ás Forcadas, que se celebra este ano o domingo 14 de xuño a partir das 11:00 horas. Unha edición máis, a cita formará parte do circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña, e permitirá desfrutar dunha contorna única entre as parroquias de Loira e Vilaboa.

O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, explicaba que a participación nas diferentes categorías é gratuíta, agás na absoluta, cunha cuota de 3 euros, e a data límite para anotarse é o 9 de xuño, a través do portal Carreiras Galegas da Federación Galega de Atletismo. Neste sentido, confía en reeditar as cifras da pasada edición, cando se batiron todos os records ao superar os 280 corredores.

Con esta cita, o Concello aposta por fomentar hábitos de vida saudables, combatindo o sedentarismo e facendo oco á práctica de exercicio físico. De aí que o importante, máis aló dos resultados, sexa a participación. Saída e meta estarán situadas nas inmediacións do campo de fútbol Juan Sabín, en Vilaboa, cun percorrido pola contorna natural do encoro das Forcadas, considerado o segundo mar do municipio.

Está dirixida a nenos e nenas e persoas adultas, con distancias a cubrir segundo a categoría. Dende os 100 metros dos biberóns ata os 9 km da asboluta. O Concello quere agradecer a colaboración da Cooperativa de Vilaboa na cita, así como o apoio de Policía Local e Protección Civil no operativo. O regulamento pode consultarse na web www.carreirasgalegas.com.

Lea también

Valdoviño programa a proxección do documental “O Segredo da Frouxeira”

O pase forma parte das Actividades de Recuperación da Memoria Democrática, e terá lugar no …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *