O BNG denuncia el abandono de la estación de autobuses de Ferrol

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol acudiu este mércores a estación de autobuses de Ferrol para poñer o foco na situación do transporte público e denunciar «a situación de abandono na que a Xunta de Galiza mantén este servizo na nosa comarca así como a propia estación de autobuses da cidade».

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG en Ferrol, lembrou que «vivimos nunha cidade cun transporte público precario, cun deterioro absoluto dos servizos ferroviarios e un deficiente transporte por estrada unha situación que xera problemas de tipo social e económico aos veciños e veciñas da cidade como que a xente quede tirada nas paradas por non haber prazas suficientes ou que os buses non pasen. Polo que é preciso e urxente ampliar os servizos de transporte por estrada e as dotacións mínimas para que eses servizos funcionen e se aposte por revitalizar a estación de autobuses de Ferrol».

Rivas lembrou que o BNG ten presentado múltiples iniciativas neste sentido sen obter resposta e que por parte da Xunta e do goberno Local tampouco se están a ter en conta as reivindicacións que leva anos desenvolvendo a veciñanza desta cidade polo que censurou a complicidade do alcalde da cidade e do goberno municipal que continúan a mirar para outro lado sobre esta cuestión.

Mon Fernández, deputado do BNG, indicou que o BNG leva máis de quince anos preocupándose por esta instalación e presentando iniciativas no parlamento obtendo sempre vagas contestacións por parte do PP ou a sempiterna escusa de que se está a espera de asinar o convenio co Estado para a estación intermodal.

Mon Fernández considera que a situación da estación de autobuses de Ferrol «é unha fraude para coa veciñanza igual que falar de intermodalidade ou de que esta infraestrutura vai ser unha marabilla algún día é unha tomadura de pelo».

Para Fernández a estación de autobuses de Ferrol é o un exemplo que deixa en evidencia a capacidade de xestión da Xunta de Galiza. Istas son unhas instalacións publicas abandonadas, cuns baixos comerciais que poderían ter un rendemento económico a comezar pola cafetería e a realidade é que esta todo abandonado. Unhas instalacións que podían estar xerando unha actividade económica, dándolle vida a estación e servir para mellorar os servizos da propia estación. Todo isto demostra que o goberno galego non ten ningún tipo de interese por darlle tilidade a esta estación

Para o BNG é triste que a única medida que ten o PP para solventar o estado de abandono da estación de autobuses de Ferrol sexa incluir, ano tras ano, unha partida nos orzamentos da Xunta para a estación intermodal que sabe que nunca vai executar.

Lea también

Más de 360.000 euros para reformar el pabellón del Ensanche en el proyecto ‘Cidade do Deporte’

El pabellón del Ensanche contará con una imagen más moderna dentro de la ‘Cidade do …