O ciclo municipal de teatro de Valdoviño ‘Ven o Venres’ continúa esta semana con As formas do amor

A compañía Verdeveras Expresións Artísticas subirase ao escenario do auditorio da casa da cultura este venres 14 de novembro ás 20 horas.

O ciclo de teatro Ven o Venres continúa esta semana coa obra «As formas do amor» da compañía Verdeveras Expresións Artísticas. Será este venres 14 de novembro, ás 20 horas no auditorio da casa da cultura de Valdoviño, con entrada de balde e libre ata completar aforo. A función incluída no programa deseñado pola Concellería de Cultura conta co apoio da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural.

Con texto de María Ángeles Iglesias, Verdeveras proponos unha historia para falar e reflexionar sobre iso que chamamos amor, unha historia para saír da sala con moi boa sensación, con gusto, alegría e esperanza. Está dirixida por Gena Baamonde e protagonizada por Sergio Zearreta e a propia María Ángeles Iglesias.

«As formas do amor» conta coa coprodución do Centro Dramático Galego, a colaboración da Dirección Xeral para a Promoción da Igualdade e o apoio do Concello de Vimianzo, que acollía a estrea da obra en outubro de 2024. Dende
entón, e con moi bo resposta por parte do público, percorreu diferentes escenarios de toda Galicia e máis Cantabria -Muestra Internacional de Mujeres que cuentan-.

Verdeveras Expresións Artísticas propón un teatro comprometido coa actualidade, que permite reflexionar, e moitas veces rir, do que nos acontece. Un teatro do miúdo, do íntimo, do esencial. Un teatro que ten o foco no traballo actoral arroupado por música e movemento. Un teatro para poñer corpo a iso que necesita ser visto, oído, gritado e escoitado.

Lea también

La exposición de los 50 años del fútbol sala de Ferrolterra cierra sus puertas con éxito de asistencia

Adán Puentes (X: @adanpuentes | IG: @adanpuentes89) Tras dos semanas abierta al público este domingo …