Ferrol convoca tras nove anos o Premio Ricardo Carvalho Calero en investigación lingüística e creación literaria

Nove anos despois o Concello de Ferrol retoma o Premio Ricardo Calvalho Calero de investigación lingüística e creación literaria en lingua galega, trala súa aprobación na xunta de goberno local deste luns.

Así afirmábao o alcalde José Manuel Rey Varela en rolda de prensa, nun premio que constará de dúas categorías, ambas premiadas con 4.000 euros e que serán publicadas polo Concello de Ferrol.

No premio de investigación lingüística ou ensaio, os traballos presentados terán unha extensión mínima de 100 páximas e un máximo de 250 páxinas. Pola súa banda, no premio de creación literaria, consistirá nunha narración curta ou nun conxunto de contos por autor, cun máximo de 60 páxinas.

Cada obra ten que presentarse en soporte dixital enviándose a cultura@ferrol.es nunha única mensaxe, co asunto “XXII Premio Ricardo Carvalho Calero”, que inclúa dous arquivos adxuntos: un coa obra presentada a concurso, en formato pdf, asinada únicamente cun seudónimo, e noutro arquivo, un pdf titulado “Plica_(seudónimo)”, que inclúa os datos persoais do autor ou autora.

Lea también

Ferrol formará parte del programa ‘Escena ao vivo!’ de la Deputación da Coruña

Este lunes la junta de gobierno local ha aprobado el convenio entre el Concello de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *