O CIRS de Cervás pecha a programación co gallo das Letras Galegas

Este sábado 31 remata a intensa programación que o CIRS de Cervás artellou co gallo das Letras Galegas deste ano, adicados á tradición oral e ás pandeireteiras que a mantiveron viva. Unha programación que comezara coa presentación do disco-libro de Xabier Díaz «Cancioneiro galego serodío» o pasado 14; e que agora vai rematar na mesma liña.
 
 
Será X. Luis Rivas «Mini» -unha figura icónica na nosa música: fundador de «Fuxan os Ventos» e «A Quenlla» e colaborador con diversos grupos e intérpretes das nosas músicas- quen realizará unha viaxe contada e cantada pola nosa  música tradicional,nun acto que terá lugar no CIRS de Cervás o sábado día 31 de maio a partir das 19,30 horas.
 
Nas mesmas instalación fica ubicado o mural realizado por nenas e nenos de Cervás, recreando debuxos que fixera Castelao sobre músicos tradicionais: cantareiras, gaiteiros, bailadoras…
 

Lea también

Inscrición aberta en Fene para asistir ao espectáculo de narración oral Onde nacen os monstros

Nova sesión de contacontos na Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé de Fene, desta vez baseada …