O acto conmemorativo do Día das Letras Galegas 2025, celebrouse no Castelo Torres de Mens, en Malpica de Bergantiños

O Centro Cívico e Cultural de Malpica acolleu o sábado 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do pleno da Real Academia Galega (RAG) con motivo do Día das Letras Galegas 2025, que este ano rende homenaxe ás cantareiras, protagonistas fundamentais da transmisión oral da cultura galega.

Fuente Diputación de A Coruña

Ao acto asistiron numerosas autoridades, entre elas o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, os conselleiros de Cultura e Educación ou e o alcalde de Malpica, entre outros.

Fuente Diputación de A Coruña

A Real Academia Galega recoñeceu nesta edición o labor das mulleres que, a través do canto tradicional, foron quen de preservar e transmitir a poesía popular galega de xeración en xeración. As homenaxeadas foron sete cantareiras: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia Garrido e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica.

Ao remate do acto, o presidente da Deputación destacou a importancia desta homenaxe “As cantareiras fixeron da nosa tradición oral un legado de orgullo e identidade. Grazas a elas, moitas veces de xeito anónimo e sen recoñecemento público, Galicia mantivo vivo o seu xeito de sentir e de contar o mundo.”

Formoso subliñou ademais que a celebración deste ano “recoñece tamén o papel fundamental das mulleres na cultura galega, esas que coa súa voz transmitiron moito máis ca cancións”.

Fuente Diputación de A Coruña

O evento contou tamén coa actuación das Tanxugueiras, que, co seu estilo contemporáneo, fixeron resoar a forza da tradición oral nun escenario cheo de emoción e simbolismo.

Este Día das Letras Galegas tamén serviu para lembrar que a tradición oral, lonxe de ser cousa do pasado, segue a ser unha fonte viva de inspiración, unha forma de expresión colectiva e un xeito de manter aceso o facho da lingua e da cultura propias.

Lea también

La Xunta tacha de «parche» el anuncio de Renfe para reforzar conexiones con Madrid: «Deja a Ferrol sin enlace directo»

La Xunta ha sostenido que el refuerzo estival anunciado por el Ministerio de Transportes y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *