Se inician en As Pontes as obras da pista multideporte do poboado da Magdalena e a mellora da súa contorna

O Concello das Pontes iniciou, a semana pasada, as obras de execución  dunha pista multideporte no Poboado da Magdalena e a mellora da súa contorna.

Fuente Concello de As Pontes

O proxecto, cun orzamento de 181.427 euros, con cargo á Deputación da Coruña, ten como obxectivo prioritario mellorar a funcionalidade, seguridade, eficiencia enerxética e sustentabilidade dunha das prazas interiores do Poboado da Magdalena mediante a instalación dunha pista multideporte e o acondicionamento da súa contorna que permitirá a reorganización do espazo tendo como prioridade o lecer e a convivencia, creando un ámbito de xogo multideporte, renovando os itinerarios pavimentados, adaptándoos ás características dos xa remodelados na contorna.

Así crearase unha pista de 20 metros de longo por 10 metros de ancho, para a práctica de fútbol, baloncesto e balonmán, formada por unha estrutura realizada en tramex composta por módulos de diferentes cores, con dúas portarías nos lados curtos, sobre as que se colocarán os taboleiros de baloncesto, completándose o equipamento con dous taboleiros de minibasquet.

A contorna da pista multideporte executarase en formigón armado de cor similar ao executado na praza principal do Poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras.

Nos itinerarios peonís, tanto da contorna da pista multideporte como das traseiras das edificacións próximas, colocarase un novo pavimento e substituiranse as tapas de rexistro de servizos, colocándose novas tapas de fundición.

Por outra banda, «disporanse os medios necesarios para crear un espazo inclusivo, deseñado para todas as persoas, eliminando as barreiras físicas e creando itinerarios accesibles para persoas con diversidades funcionais e problemas de mobilidade, aplicando criterios de ergonomía na selección do mobiliario urbano e de seguridade na elección dos pavimentos e proteccións, creando, ao mesmo tempo, unha contorna na que se reduzan os riscos de accidentes”

Así mesmo procederase á ampliación da rede de iluminación para a pista multideporte posibilitando o aforro de custes co máximo rendemento lumínico para o que se proxecta a ampliación da canalización de tendido de alumeado existente e a disposición de novos farois con lámpadas LED, tanto na pista multideporte como na súa contorna. Ademais optarase pola instalación de equipamento sustentable mediante a selección de elementos de mobiliario urbano realizados con materiais reciclados e medioambiental apropiados coma as madeiras certificadas.

A contorna da pista multideporte executarase en formigón armado de cor similar ao executado na praza principal do Poboado e amoblarase con bancos, papeleiras e xardineiras. Nos itinerarios peonís, tanto da contorna da pista multideporte como das traseiras das edificacións próximas, colocarase un novo pavimento e substituiranse as tapas de rexistro de servizos, colocándose novas tapas de fundición.

O rexedor remarcou que “se disporán os medios necesarios para crear un espazo inclusivo, deseñado para todas as persoas, eliminando as barreiras físicas e creando itinerarios accesibles para persoas con diversidades funcionais e problemas de mobilidade, aplicando criterios de ergonomía na selección do mobiliario urbano e de seguridade na elección dos pavimentos e proteccións, creando, ao mesmo tempo, unha contorna na que se reduzan os riscos de accidentes”.

Así mesmo procederase á ampliación da rede de iluminación para a pista multideporte posibilitando o aforro de custes co máximo rendemento lumínico para o que se proxecta a ampliación da canalización de tendido de alumeado existente e a disposición de novos farois con lámpadas LED, tanto na pista multideporte como na súa contorna.

Ademais optarase pola instalación de equipamento sustentable mediante a selección de elementos de mobiliario urbano realizados con materiais reciclables e medioambiental apropiados coma as madeiras certificadas.

Lea también

Neda programa un concerto da premiada multi instrumentista local María López

A Casa da Cultura de Neda acolle este venres, 9 de maio, un concerto do …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *