O recinto feiral do Trece en Narón acolle a XIV Feira multisectorial agrícola

A concelleira de Feiras e Mercados de Narón, Mar Gómez, presentou este luns 31 a décimo cuarta edición da Feira Multisectorial agrícola, un evento que os días 12 e 13 de abril reunirá na parroquia de Sedes, no recinto feiral, a unha trintena de postos de venda de produtos e maquinaria agrícola.

O Concello organiza un ano máis este evento, con entrada de balde e ao que se poderá acudir os dous días en horario de mañá e tarde, de 11:00 a 14:00 e dende as 16:00 ata as 20:00 horas. Plantas da horta, árbores froiteiras, especies ornamentais…forman parte dos produtos que se poderán ver e adquirir nesta feira, onde tamén se porán á venda queixos, embutidos, patacas, hortalizas, pan artesán…

Así o avanzou a concelleira naronesa, que explicou que se desprazarán ata a zona dúas empresas con diversa maquinaria agrícola, tamén con apartado de venda e exposición. As nenas e nenos que se acheguen ao recinto feiral terán a oportunidade de participar, de balde, en obradoiros sobre plantación, levando á casa as súas propias plantas.

Terán lugar en horario de mañá e tarde, tanto o sábado como o domingo, de 12:00 a 14:00 e dende as 16:30 ata as 18:30. A Feira multisectorial agrícola contará tamén cun apartado musical e gastronómico, con sesión vermú nas dúas xornadas e unha degustación de produtos da terra o domingo ao mediodía.

A maiores, os dous días poderase comer polbo, churrasco e liscos nun posto que se instalará para a ocasión na zona vendendo estes produtos. “Organizamos a maiores uns sorteos para esta feira, o sábado e o domingo, de produtos dos que están á venda, que poderá levar a xente que realice algunha compra coas rifas que se entregarán dende os diferentes postos”, apuntou Gómez.

A edil naronesa recordou que esta feira “reúne cada ano en Narón a moitas persoas interesadas en produtos agrícolas, aos que convidamos a achegarse tamén a esta edición para ver a gran variedade e cantidade de produtos que traerán os responsables de cada posto”.

Lea también

O IVTM pódese abonar en Narón en período voluntario ata o vindeiro 16 de xuño

O Boletín Oficial da Provincia publicou este luns 31 de marzo o anuncio da Deputación …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *