Comeza a sexta edición do programa integrado de emprego das Pontes

A sexta edición do Programa Integrado de Emprego de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, en colaboración cos Concellos da Capela e As Somozas, subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e cofinanciado polas entidades Local, arrincou, esta semana, coa posta en marcha dunha actividade formativa dirixida a obter o certificado de manipulador de alimentos.

Ana Pena, concelleira responsable da área de emprego agradeceu a participación do alumnado nesta nova iniciativa formativa, que forma parte do catálogo de 14 cursos e sesións que conforman o Programa Integrado de Emprego, subliñando a importancia deste tipo de iniciativas, que . permiten mellorar as aptitudes laborais de colectivos con especial dificultade para acceder ao mercado laboral. Neste senso, a concelleira de Emprego apuntou que, “en edicións anteriores do Programa Integrado de Emprego, as cifras de inserción laboral superaron o 50% das persoas participantes, uns números que nesta nova convocatoria confiamos en incrementar”.

O Programa Integrado de Emprego do Concello das Pontes, cunha duración de 12 meses, está dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral de 100 persoas demandantes de emprego, con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral, mediante diferentes accións formativas.

A través deste programa formativo ofreceráselle ao alumnado participante unha ferramenta de axuda e acompañamento especializado co que desenvolver as súas competencias persoais, sociais e laborais, acrecentando a súa empregabilidade para situarse, deste xeito, nunha situación máis favorable cara o mercado laboral.

O Programa Integrado de Emprego das Pontes inclúe un amplo abano de accións informativas, asesoramento, orientación laboral, de carácter individual, e un conxunto de sesión grupais organizadas entorno a adquisición de coñecementos sobre elaboración de currículum vítae, cartas de presentación, entrevistas de traballo así como habilidades sociolaborais e clases de coaching, intelixencia emocional e motivación laboral, entre outras.

Ao mesmo tempo, o alumnado adquirirá competencias profesionais demandadas polo tecido industrial e comercial da contorna a través de cursos e obradoiros sobre operacións con plataforma elevadora e operacións con carretilla elevadora con prácticas non laborais en empresas así como operacións con carretilla transpaleta e apilador (Categoría 1, Tipos 1 e 3). Tamén haberá formación para obter o título de monitor de tempo libre e formación con prácticas non laborais en empresas sobre limpeza en instalacións e equipamentos e carpintería metálica.

O Programa Integrado de Emprego das Pontes tamén inclúe cursos de iniciación en competencias dixitais básicas, competencias dixitais básicas para o emprego, formación en igualdade de oportunidades, un curso básico de prevención de riscos laborais así como español elemental para persoas estranxeiras e unhas xornadas de motivación emprendedora.

As persoas participantes no Programa Integrado de Emprego terán dereito a percibir unha bolsa consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do programa e o Programa Integrado de Emprego cubrirá os gastos de coidado e/ou atención a persoas dependentes das persoas participantes para facilitar a asistencia ás distintas accións do programa (menores de 3 a 12 anos).

O orzamento do Programa Integrado é de 175.000€ euros, dos cales 140.000 euros son aportados pola Consellería  Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, e 35.000 euros polas entidades locais.

Lea también

Neda conmemora el Día de la Poesía con un recital en la biblioteca municipal

El Ayuntamiento de Neda se suma este viernes 21 de marzo a la conmemoración del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *