A Escola Javi Gómez Noya contará con 17 canteiráns no cto galego de dúatlon escolar

O club ferrolán tamén contará cun equipo de remudas mixtas.

Fotografía Triatlon Ferrol

A Escola Javi Gómez Noya do Triatlón Ferrol estará representada por 17 promesas no campionato galego de dúatlon escolar que este sábado 22 se celebra en Vigo. O club departamental formará con oito benxamíns, seis alevíns e tres cadetes.

Ademais da proba individual, os alevíns Carla Colmenero e Dylan Alarcón e os infantís Miguel Benasach e Noa Amado competirán como equipo de remudas mixtas.

Fotografía Triatlon Ferrol

A maiores, o cadete Adrián Canosa e tres prebenxamíns da escola apadriñada polo medallista olímpico local participarán en probas de promoción do deporte.

Lea también

O Rei da Granxa ofrece en San Sadurniño actividades arredor do volei durante todo o verán

Alén das bicicletas, os trails e as andainas, San Sadurniño tamén será referencia comarcal e …