30 traballos foron seleccionados en Ferrol para o certame «En Galego sen filtro»

A entrega de premios e a inauguración da exposición cos traballos terá lugar o 26 de maio.

A concelleira de Educación de Ferrol, Patricia Cons, informou sobre a nova edición do certame artístico de poesía e imaxe En galego, sen filtro. “Esta é outra das actividades de dinamización da lingua que realizamos en colaboración coa Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra co fin de promover o uso do galego entre os escolares”, afirmou.

Cons revelou que o profesorado que forma o xurado do certame seleccionou un total de 37 traballos, 13 deles de autoría colectiva ou grupal. En total, participaron 78 alumnos e alumnas e cinco colectivos que pertencen a aulas completas. Os centros participantes foron 18: CEIP Isaac Peral, CEIP Juan de Lángara, CEIP Ponzos, CEIP Pazos, CEIP A Laxe, CPR Xesús Mestre, CPR Compañía de María, CPI Atios, CEIP San Xoán de Filgueira, CPR Ludy, CEE Terra de Ferrol, IES Ferrol Vello, IES As Telleiras, IES Fernando Esquío, IES Canido, IES Catabois, IES Concepción Arenal e IES Saturnino Montojo.

A concelleira de Educación avanzou que “o acto de entrega de premios e inauguración da exposición terán lugar o luns 26 de maio, ás 19:00 horas”. A exposición estará aberta ao público no centro cultural Carvalho Calero do 26 ao 30 de maio, en horario de mañá e tarde.

Lea también

El Vía Crucis de la Junta de Cofradías de Ferrol tendrá lugar este 21 de marzo

La procesión estará presidida, en esta ocasión, por la imagen de Nuestro Padre Jesús Nazareno …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *