A independente María Platero cun tempo de 3h.12:20 e Alexandre Otero do S.B Barbantia con 2h.27:50 proclamaronse campións galegos absolutos no Campionato Xunta de Galicia de Trail Running na modalidade de Classic, disputado esta pasada fin de semana no Concello de Caldas de Reis, sobre un esixente e duro circuito de 28K cun desnivel de 1760 m.

Xunto aos gañadores galegos, estiveron ocupando zona de podio María Martínez do At. Porriño a 1:05 da gañadora e Rosa María Araujo do Burgas Ourense a 6:11. Na categoría masculina o subcampionato foi para o independente Marcos Naya que chegaba tralo líder a 2:58 e Roberto García do At. Tambre a 3:22.
Na Sub23 masculina resultou gañador o integrante da Selección Galega medallista de bronce nos pasados campionatos de España, Hugo García Souto do At. Portugalete con 2h.37:20
A edición, que tamén servía como disputa do autonómico máster, deixaba gañadores galegos aos seguintes atletas:
Máster35. Roberto García (At. Tambre)
Máster40. Mª Rosario Figueroa (At. Corredoiras) e Marcos A.Pascual (CD Biosbardo)
Máster45. Yeime Niño (Indep.) e Federico Losada (CD Biosbardo)
Máster50. Mª Pilar González (At. Arenteiro) e Elpidio Gómez (ADAS CUPA)
Máster55. Raquel Estévez (CD Pinarium) e Adolfo Garrido (Burgas Ourense)
Máster60. Antonio González (At. Porriño)
Máster75. Tomás López (CDM Xesteiras)
Trail Laxe dos Bolos
Paralelamente tamén se programou a II edición do Trail Laxe dos Bolos na que estiveron participando preto de 450 atletas sobre as modalidades de trail longo, trail medio e trail curto
Os gañadores no longo foron María Platero (Independ.) e Alexandre Otero (S.B Barbantia), sendo Nerea Castro e Damián González os domiñadores do medio e Lucía Taboada (SD Compostela) e Diego Ferreira no trail curto.