Solicitude de novo ingreso en As Pontes na Escola Infantil Municipal A Barosa

O Concello das Pontes abre este xoves 20 de marzo o prazo de solicitude de matrícula para o curso 2025-2026 na Escola Infantil Municipal A Barosa.

Fuente Concello As Pontes

As solicitudes, xunto coa documentación xustificativa, poderán presentarse, ata o 15 de abril, no Rexistro Municipal, con cita previa, chamando ao 667 129 380 ou ao 667 129 389, de luns a venres, de 09:00 a 14:00 horas ou a través da sede electrónica  municipal

Para aquelas familias que non dispoñan dos medios telemáticos necesarios os impresos de solicitude  estarán á súa disposición nas instalacións da Escola Infantil Municipal A Barosa (de luns a venres, de 10:30 a 13:00 horas)

As prazas de novo ingreso asignaranse tendo en conta a seguinte orde de preferencia:

1. Solicitantes con irmán/á cunha praza renovada no centro
2. As restantes solicitudes adxudicaranse atendendo á puntuación obtida a través da Comisión de baremación atendendo ao cumprimento dos seguintes requisitos:

Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil.

Non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano que se solicita praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación.

Estar nado no momento de presentación da solicitude.

Estar empadroado/a, durante o tempo de asistencia a escola, toda a unidade familiar no concello de As Pontes de García Rodríguez e cunha antigüidade no padrón municipal de 3 meses a solicitude de matrícula.

No caso de producirse por parte dalgún membro da unidade familiar a baixa no padrón municipal, tería que ser comunicada e xustificada documentalmente, e de non ser así perderá a praza na escola infantil. Poderán realizarse de oficio revisións no padrón municipal.

Atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR: DESCARGAR

SOLICITUDE: DESCARGAR

Lea también

Cedeira aproba a tramitación de subvencións de programas de diferentes institucións

O Goberno local de Cedeira aprobou a tramitación de diferentes axudas, ao abeiro de convocatorias …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *