Como de extraordinario se pode calificar o Campionato de España indoor Sub16 desenvolto durante esta pasada fin de semana en Expourense tanto no terreo deportivo como no organizativo. Milleiros de persoas encheron as bancadas de Expourense durante tres xornadas de vibraron e disfrutaron do gran atletismo que ofreceron os que no día de mañá están chamados a ser os novos referentes do atletismo español.
A nivel de participación xeral, puidose ver unha gran cantidade de melloras marcas personais así como un importante número de récords autonómicos o que pon en evidencia a gran motivación e calidade de todos cantos estiveron competindo.
Por parte galega, máxima satisfación en canto a resultados xa que se lograron un total de nove medallas (cinco ouros, dúas pratas e dous bronces) catro mellores marcas galegas e nove postos de finalistas.

O sector das combinadas foi o protagonista para os intereses galegos xa os que discípulos do adestrador olímpico e responsable técnico de probas combinadas David Gómez, Olivia Gutiérrez e Joel Santana proclamábanse campións de España. Gran campionato por parte de ambos que cimentaban o seu triunfo nunha gran actuación a nivel xeral que levaban a Joel a lograr un récord galego da modalide con 4.155 puntos e a Olivia a rematar con 3.562, que ademáis sitúan a estes dous atletas do Celta Atletismo como líderes do ano.
Excelentes prespectivas de futuro para este sector no que ademáis Beltrán Rivas do At.Deza quedaba a pouco puntos da medalla de bronce e Celia Couto do Rías Baixas remataba en posto de finalista con 3287 p. na categoría feminina.

O atleta sadense Hugo Zuloaga era outro dos que sumaba un novo podio galego sobre a proba dos 600 m. ao rematar no terceiro posto nunha carreira moi intelixente, cunha MMP de 1:23.80. Na categoría feminina Sara Pérez de A Gándara e Lucía Cando da Polideportiva Lucense remataban en destacados postos de finalistas


Outro dos sectores que destacaron foi o de velocidade na que tanto Mateo Refojo do Rías Baixas como Laura Río do At. Sada lograban postos de podio. O atleta pontevedrés metíase na final realizando unha magnífica carreira que o levaban ata o subcampionato de España cunha MMP de 7.11 Non menos excelente resultou a actuación da atleta sadense quen lograba, tanto en series como en semifinais, rabaixar por dúas veces o récord galego indoor ata deixalo en 7.78. Xa na final, e correndo en 7.81, lograba un fantástico metal de bronce.

A distancia dos 1.000 m. tivo en Xoel Franco ao gran protagonista. O atleta do Beade que viña ca mellor marca dos participantes, fixo valer a súa condición de favorito para lograr un autoritario título de campión de España cun rexistro de 2:34.47. Sobre a mesma distancia foron tamén bós os postos de finalistas colleitados por Pedro Moirón do Lucus e Ismael Rodríguez de A Gándara

Os concursos de saltos e lanzamentos tamén trouxeron excelentes novas. Precisamente sobre o círculo de peso unha imperial Sara Caamaño do Barbanza, facendo valer a súa condición de líder e favorita da proba, bastáballe un só lanzamento válido para lograr o título de campioa de España con 12.57 m. Por igual, o atleta coruñés do Coruña Comarca Bruno Castro marchaba no segundo intento de triplo ata os nada menos que 13.79 m. que ademáis de ser a mellor marca galega indoor de sempre e situalo ao fronte do ranking, convertíanno en flamante campión de España. Nesta mesma proba Mario Costa do San Miguel ocupaba posto de finalista.

Por último o listón de altura tamén deixaba gratas sorpresas. Irene Méndez do celta Atletismo nun gran concurso, rebasaba o listón a 1.66 m. que lle permitían lograr unha mellor marca personal e lograr ademáis, o subcampionato de España
Para rematar compre destacar tamén os postos de finalistas colleitados por Iago Gómez da Gimnástica e Bruno Castro do Coruña Comarca na proba dos 60 valos.