Triatlón Ferrol segundo da liga en postos de ascenso a primeira división

O conxunto ferrolán gaña o campionato de España de remudas e é terceiro na contra o reloxo.O equipo masculino do Triatlón Ferrol remata segundo da liga despois da quinta xornada e métese en postos de ascenso a primeira división.
 
Fuente Triatlón Ferrol
 
No campionato de España de dúatlon por remudas o conxunto ferrolán demostrou o seu alto nível ao cruzar a meta en sexta posición da xeral, superando á meirande parte de clubs de primeira e como campión da súa categoría. A remuda formada por Corentin Léger, Adrien Mouysset e Iván Puentes chegou a situarse cuarta na última remuda do ferrolán pero tivo que cumprir unha penalización por pisar a liña de montaxe.
 
Fuente Triatlón Ferrol
Xunto a Hugo Prida, Manuel Pozuelo, Dani Esbrí e Joan Ferrer, o Triatlón Ferrol destacou polo seu traballo en equipo e marcou un tempo que o situou como 15° da xeral e tercer mellor club de Segunda. Con estes resultados, o club departamental pasa a ser segundo da liga a falta de dúas xornadas.
 
En Avilés tamén competiron dous equipos masculinos do Triatlón Ferrol na proba aberta de contra o reloxo. O conxunto de Pablo Pedrosa, Roberto Martínez, Hugo Suárez, Luis Rilo, Juanchi González e Víctor Santillana logrou ser oitavo.  Pola súa banda, Tom Rodríguez, Gonzalo Jiménez, Sito Alvite, Mario López, Marcos Caneiro e Francisco Pérez foron 24°.

Lea también

Alawa Surf Camp abre inscripciones en una jornada de iniciación para niños en Pantín, Valdoviño

  Alawa Surf Camp participa también del programa de fomento del deporte local con una …