A través dun comunicado FeC afirma o seguinte «Cada 8 de marzo, Día Internacional da Muller, reivindicamos e visibilizamos a loita das mulleres polos seus dereitos, participación e recoñecemento, en pé de igualdade real, na sociedade e no seu desenvolvemento integral como persoas».
«Debemos seguir coa loita feminista e as súas reivindicacións seguiron presentes, abordando todas as accións dun xeito realmente igualitario sen deixar a ningunha atrás e sen ningunha discriminación por cuestión de xénero».
Dende FeC «consideramos que todas as administracións teñen o deber de traballar por conseguir unha igualdade real aplicando políticas feministas, onde cada parte asuma a súa responsabilidade, loitando por unha corresponsabilidade na tarefa dos coidados en todas as etapas da vida, cumprindo a lei integral contra a violencia machista e contra a discriminación laboral (traballo digno, conciliación, corresponsabilidade familiar e igualdade salarial)»
FeC «súmase e chama á participación na manifestación que o movemento feminista ten convocada este 8 de marzo ás 20.00h con saída da Praza de Amada García baixo o lema “En marcha para transformar a vida das mulleres”.