Iván Puentes, subcampión do Dúatlon Cidade de Santiago

Iván Puentes colgouse a medalla de prata no Dúatlon Cidade de Santiago desta fin de semana;O canteirán do Triatlón Ferrol foi o mellor no segmento a pé.

Foto archivo Iván Puentes en el Campeonato gallego de duatlón en Lugo Triatlón Ferrol

Partiu en cabeza no primeiro sector de carreira, escapou o líder nun segmento ciclista marcado polo vento e o canteirán do Triatlón Ferrol foi o máis rápido do pelotón perseguidor. Correndo en 7:17 os últimos 2,5 km a pé, fíxose coa segunda posición da proba.

Ao podio tamén subiu Juanchi González Orozco como subcampión da categoría de veteranos 2 e 41o da xeral. Completaron a participación ferrolá Víctor Santillana -62o- e Luis Rilo -72o-. Tiveron que abandonar durante o ciclismo Hugo Suárez e Roberto Martínez.

O Dúatlon Cidade de Santiago celebrouse en distancia esprinte de 5 km de carreira polos arredores do estadio municipal Verónica Boquete de San Lázaro, 18,5 km de ciclismo ata chegar ao monte do Gozo e 2,5 km finais a pé. As distancias das categorías de base estarán adaptadas a cada idade.

Ademais, a xornada completouse cunha proba de promoción na que o Triatlón Ferrol tivo tres prebenxamíns. No que respecta á Escola Javi Gómez Noya, conseguiron medalla as alevíns Carla Colmenero, ouro, e Lucía Alvite, bronce.

Fuente Club Triatlón Ferrol / Escola Javi Gómez Noya

 

Lea también

O Festival de Entes Animados celebra a súa sétima edición en Ferrolterra con máis compañías e espectáculos

O evento cultural, que busca «descentralizar» a oferta teatral, levarase a cabo do 19 ao …