IES Breamo de Pontedeume participa na ultima fase do Club de Debate Alingua

O IES Breamo de Pontedeume participa na 4º e última fase previa do Club de Debate Alingua, que se celebra este mércores 26 de febreiro en Ribeira. 

O centro educativo eumés estará representado por 10 alumnos e alumnas de 3º da ESO que conforman o seu equipo de debate, xunto coa súa profesora Estefanía Mosquera Castro.  Neste evento, tamén acompañará ao equipo a técnica municipal de normalización lingüística, que apoiará ao equipo na súa participación na competición. 

Dende o Concello de Pontedeume deséxanlle á rapazada «toda a sorte do mundo nesta proba, que xa de por si é un recoñecemento ao seu esforzo e dedicación». 

Os equipos gañadores das 4 fases previas pasarán a  fase final do certame, que determinará aos mellores oradores da edición deste ano. 

Lea también

Colisión de dos vehículos en la AC-133, en Mugardos

Pasadas las dos y media de la tarde se registró un accidente de tráfico en …