A Deputación organiza o primeiro encontro das IXP de Viño de Galicia

A área de turismo da Deputación de A Coruña, liderada polo vicepresidente Xosé Regueira, presentou as primeiras xornadas das IXP de Viño de Galicia na provincia, que terán lugar os días 23 e 24 de febreiro no NH Finisterre.

Regueira, acompañado do catador e profesor de viño, Luis Paadín e a coordinadora das IXP de Galicia, Maite Maestre, explicaron os detalles dun programa composto por máis dunha vintena de actividades entre presentacións, catas e obradoiros, que contará coa participación de representantes das principais adegas e IXP de Galicia.

O vicepresidente enmarcou este evento na campaña ‘A paisaxe que sabe’, “coa que pretendemos humanizar a paisaxe, contando con persoas que viven e producen alimentos, e neste caso viño, de altísima calidade, e eso é un valor engadido para os turistas, que encaixa á perfección na nosa estratexia de promoción turística” sinalou. “A enogastronomía e a gastronomía son elementos esenciais, para nós, de promoción do territorio, por iso lanzamos este evento sobre o viño no que reunimos a IXP da provincia pero tamén do país, porque se trata dunha promoción global”.

Regueira destacou tamén a importancia de “reivindicar o viño da provincia, e os profesionais que están facendo un traballo excepcional” e rematou dicindo que “o viño é moito máis que unha bebida: é tradición, historia, patrimonio, territorio, identidade… e ten un inmenso potencial para captar a un turismo de calidade e respectuoso co medio”.

A coordinadora das IXP de Galicia, Maite Maestre, falou da necesidade de “dar a coñecer as diferencias entre as paisaxes, que se plasman nas diferencias entre culturas e procesos tradicionais que preservamos de viticultura”. Tamén agradeceu o apoio da Deputación, “para poder levar a cabo este primeiro encontro no que amosaremos viños que elaboramos desde lugares tan diferentes como Betanzos ou o Morrazo”.

Ademais, Maite Maestre falou das IXP que representan “pequenas producións de artesanía, pois son pequenas bodegas moi vinculadas ao turismo local e sostible, que participarán neste evento no que imos ter aos propios elaboradores facendo catas dos seus viños e falando da importancia dos territorios nos que traballamos”.

Pola súa parte, Luís Paadín referiuse “ao patrimonio vitivinícola galego”, que é “único” e forma parte “da nosa idiosincrasia”. O sumiller tamén se referiu á necesidade de poñer en valor este sector, así como as pequenas IXP, “que son pequenas porque non tiveron forma de crecer, pero a singularidade dos seus viños e dos seus procesos fanas diferentes e únicas, e complementarias ás outras que temos en Galicia”. “A mellor maneira de representar o que temos é demostrar o que somos” expresou Paadín, “e estas pequenas bodegas que poderemos coñecer neste evento grazas á Deputación e traballan a escala humana están contribuíndo a un turismo enogastronómico de calidade e máximo respecto, creando un produto artesán, exclusivo e moi descoñecido, que temos que poñer en valor. Están, en resumo, sendo capaces de meter a paisaxe nunha botella”. E, concluíu, “temos que coñecer o noso traballo aquí, no propio territorio, poñernos caras e defender e apostar polo noso, e este encontro servirá para todo iso”.

Un total de 16 adegas conforman un programa deseñado Cco obxectivo de poñer en valor os viños e as adegas da Asociación das IXP de Viño de Galicia, e dividido en dúas xornadas destinadas tanto á cidadanía en xeral como a un público profesional do sector da hostalaría e restauración.

A primeira delas, o domingo 23, contará cun túnel do viño, de 12 a 20 horas, con catas cada media horas das bodegas Panchín e da Señora (IXP Terras de Navia); Os Areeiros, Ardán 100 Polas; Mercedarios Mosteiro de Poio e Videiras no Mar (IXP Ribeiras do Morrazo) e Adega entre Os Ríos; Castellum Augusti e Cazapitas (IXP Barbanza e Iria).

E, a segunda, o luns día 24, comezará ás 11 horas coas presentacións de Adega Bordel e Adegas Rilo (IXP Viño da Terra de Betanzos); ás 12 horas coa inauguración e a presentación da web “Viños da Coruña”, con Xosé Regueira; ás 12 horas coa masterclass a cargo de Luis Paadín; e de 16 a 18 horas, presentacións de Pagos de Brigante e Casa Beade (IXP Viño da Terra de Betanzos) e Adega Terras Mancas e Adega Ferreiros (IXP Val do Miño, Ourense).

O evento pechará cun taller de Luis Paadín.

Lea también

Herido grave un trabajador del servicio de recogida de basura de Ferrol tras ser agredido en la madrugada de este sábado

Agentes de la Policía Local detuvieron al presunto agresor. Un operario de un camión de …