Un centenar de escolares inician a campaña de esquí de A Deputación da Coruña

Un centenar de nenos dos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Boimorto, Cabanas, Coirós, Curtis, Frades, Irixoa, Melide, Mesía, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Santiso, Sobrado, Toques, Vilarmaior e Vilasantar participaron a pasada fin de semana na estación de esquí de Valgrande-Pajares (Asturias) na Campaña da Esquí da Deputación da Coruña.

Fuente Diputación de A Coruña

Trátase da primeira expedición á neve dentro da campaña provincial de 2025, na que participan mozos de 11 a 15 anos de idade. Con esta proposta, a institución provincial pretende que a rapazada da provincia da Coruña “poda iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades no esquí con monitores profesionais, ao mesmo tempo que participan noutras iniciativas deportivas e culturais organizadas de xeito complementario”, indicou o deputado de Deportes, Antonio Leira, que sinalou que este ano participarán na actividade un total de 600 nenos e nenas de toda a provincia.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Aínda que con pouca neve debido á situación meteorolóxica, a rapazada gozou dunha fin de semana chea de actividades deportivas e culturais e tiveron oportunidade de practicar o esquí. Este venres parte a Valgrande-Pajares a segunda quenda, con nenas dos concellos de Arteixo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Fuente Diputación de A Coruña

Lea también

Grandes resultados de la AD Náutico de Narón en el cto gallego de duatlón cros

  Grandes resultados para los participantes del Náutico de Narón en el campeonato gallego de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *