O Ciclo Mestre Mateo trae a Valdoviño a aclamada longametraxe “O Corno”

O auditorio da Casa da Cultura de Valdoviño acollerá este venres 29 o pase da aclamada longametraxe «O Corno», da cineasta donostiarra Jaione Camborda, Concha de Ouro da 71a edición do Festival de Cine de San Sebastián e primeira realizadora española en acadar o galardón. A cinta convertíase tamén na gran trunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego, conquistando sete galardóns.

Entre eles, o de Mellor Longametraxe, Dirección e Guion. Precisamente, este venres chega a Valdoviño da man do Ciclo Mestre Mateo, cunha proxección que arrincará ás 20:30 horas con entrada de balde e libre ata completar aforo.

«O Corno» é unha coprodución hispano-belga-portuguesa rodada en galego, protagonizada por Janet Novás, Premio Goya á mellor actriz revelación. Está ambientada en Galicia, na década dos 70, e presenta a historia de María, unha muller que se gaña a vida mariscando.

Tamén é coñecida por axudar a outras mulleres nos seus partos con especial dedicación e coidado. Tras un inesperado suceso, vese obrigada a fuxir e comeza unha perigosa travesía que lle fará loitar pola súa supervivencia. Buscando a súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabando entre Galicia e Portugal.

Lea también

Las IV jornadas Micológicas de Neda concluyen con la visita al área recreativa de Maciñeira

Una decena de personas ha participado en la mañana del sábado 30 en la tercera …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *