CITES pon en marcha a II edición de sabores de Ferrol

“EL RÁPIDO”

Tras crear o ano pasado a marca SABORES DE FERROL á que pertencen 10 ultramarinos da cidade, grazas á axuda de Promoción Económica do Concello de Ferrol, CITES pon de novo en marcha unha promoción co obxectivo de promover o consumo nos ultramarinos de barrio e ensalzar os seus produtos e servizo.

Integran este colectivo: “EL RÁPIDO”, “LA TIENDA DE ERIKA” da Madalena, COMAREA de Esteiro, “FRUTERÍA VICTOR” de Canido, “FRUPAN” tanto o da rúa Cuntis como o de Hernán Cortés, “MARUJA ALIMENTACIÓN” situado na rúa Enxeñeiro A. Comerma, “FRUTERÍA TONIA” da rúa Venezuela, “FRUTERÍA AMORODOS” na Estrada de Catabois e A TENDIÑA de Montecoruto.

Como espazos de referencia, ofrecen productos locais e de proximidade e un trato persoalizado e casi diario cos seus clientes. A nova campaña de lanzamento deu comezo co reparto de balde de milleiros de bolsas promocionais, que continuará cun interesante sorteo e unha campaña en redes sociais que estará protagonizada por influencers locais. Actuacións que teñen como fin xerar pequenos incentivos para fidelizar aos clientes, atraer novos e dar lugar a máis consumos.

Trátase dunha inicitiva con intención de continuidade e que cada ano desenvolverá unha atractiva campaña de visibilidade que estimule o consumo entre os consumidores habituais e capte novos clientes.

Lea también

Rey Varela conoce la labor del centro ocupacional de Aspaneps en Fene

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, acompañado de la concelleira de Política Social, …