Apertura en Narón do plazo das subvencións para clubes e entidades deportivas

O Concello de Narón abriu o prazo de solitude de subvencións a clubs e entidades deportivas de ámbito municipal correspondentes ao exercicio 2024. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o 11 de outubro (incluído).

Os clubes e entidades deportivas de ámbito municipal interesados en acollerse a esta liña de subvencións deberán cumprir os requisitos establecidos na Ordenanza municipal reguladora da concesión de subvencións e axudas públicas do Concello de Narón –publicada no BOP nº 2 do 3 de xaneiro de 2018-. O concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, informou que a partida reservada para estas subvencións é de 75.000 euros.

Poden optar a estas subvencións clubs e entidades deportivas, sen ánimo de lucro, debidamente rexistradas na cidade, para o desenvolvemento das súas actividades no ámbito municipal que reúnan os requisitos esixidos. As subvencións deben solicitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón.

O edil naronés recordou, en relación á área de Deportes, que na xornada deste martes darán comezo os cursos das Escolas deportivas municipais, no horario estipulado para cada unha das actividades.

Lea también

Esmelle disfruta de una jornada de gran nivel en el Gadis Surf Festival Ferrol antes de las finales del circuito júnior

La playa de Esmelle volvió a ofrecer este sábado un gran espectáculo con la disputa …