As Pontes mellorará os camiños de Portosouto, Cabeza dos Fornos e Alvarón

O Concello das Pontes ten previsto mellorar o pavimento nos camiños de Portosouto, Cabeza dos Fornos e Alvarón, un proxecto un orzamento de 78.558 euros, con cargo ao POS Adicional 2024, da Deputación da Coruña.

Fuente Concello de As Pontes

Ás obras que se proxectan permitirán continuar coas intervencións xa levadas a cabo nos tres camiños, co obxectivo de completar a renovación do trazado.

Así levarase a cabo unha limpeza xeral de cunetas, e onde fose necesario o reafirmado de bordos, para volver o camiño ao seu estado primitivo, e con un ancho regular, acondicionamento de estes bordos con reforzo de aglomerado, rebacheo, limpeza e varrido da superficie, para seguidamente proceder a un rego de imprimación con emulsión asfáltica e executando unha nova capa de rodadura de aglomerado en quente.

As obras rematarán coa limpeza das gabias e a reposición da sinalización horizontal coa marcaxe dos bordos e cebreado dos stops.

Lea también

Sequeiro toma el relevo como sede de la XXII Muestra de Asociaciones de Valdoviño

Está organizada por las entidades vecinales, culturales y deportivas, con la colaboración del Ayuntamiento y …