O Concello de Pontedeume anuncia a programación das Festas das Peras 2024, que se celebrarán entre os días 6 e 11 de setembro.
A programación completa desta nova edición das Festas das Peras está dispoñible na páxina web do Concello de Pontedeume, na ligazón https://www.pontedeume.gal/es/programacion-fiestas-de-as-peras/
As actividades comezarán ás 16:45 do venres 6 de setembro, co V Torneo de Pesca Infantil «Geluca Carrera». A partir das 20:00 serán as actuación de Efecto Imperfecto na Alameda de Raxoi e de Dani Royo e Great Straits na praza do Conde.
A xornada do sábado 7 comezará ás 12:00 coa saída dos Mómaros na praza Real. Ás 19:00 será a ofrenda floral e Eucaristía na igrexa das virtudes, e ás 20:30, a lectura do pregón a cargo de Javier Iglesias Villanueva.
Ao longo de todo o sábado haberá actuación musicais en diferentes puntos da vila, comezando coa charanga Mekánica ás 13:00. Ás 19:00 actuará Peter Punk na alameda de Raxoi, e ás 20:00 será o concerto da Escola de Música Charamela na praza Real. A xornada culminará cos concertos da Banda de la O ás 22:30 e de Burning ás 00:00 na praza do Conde.
O domingo 8 haberá Alboradas e Foguetes ás 9:00 da mañá, Misa Solemne ás 12:00 na Igrexa das Virtudes e multixogos e karts na alameda de Raxoi a partir das 18:30, entre outras actividades. Pola noite actuarán as orquestras Galilea e D´Ases.
O luns 9 terán lugar, entre outras cousas, o Concurso de Froitas a partir das10:00 na alameda, a degustación popular de sidra ás 12:00 no mesmo lugar,ou o recital «Poeta Ramiro Fonte» ás 19:00 nos xardíns da Casa da Cultura. Haberá varios concertos na alameda e na praza do Conde.
O martes 10 a Misa Solemne, na honra de San Nicolás, virá acompañada do tradicional reparto dos boliños de San Nicolás e dunha procesión a cargo da E.M. Charamela. Despois será a quenda da Cronoescalada a Breamo ás 18:00, da gran verbena co Combo Dominicano ás 22:30, ou do espectáculo pirotécnico ás 00:00.
As festas rematarán o mércores 11 con Alboradas e Foguetes ás 9:00, a Xira ao Río Eume ás 11:00, a actuación na Xunqueira do Eume ás 16:30 e a actuación da orquestra Panamá na praza do Conde ás 22:30.