Subvencións en Narón para asociacións e outras entidades de ámbito municipal

O Concello de Narón abre este luns 2 de setembro, o prazo de solicitude de subvencións para asociacións e outras entidades de ámbito municipal correspondentes a este ano.

Trátase de axudas dirixidas a actuacións e programas realizados durante este ano e encamiñadas a promover e dinamizar a participación activa da veciñanza no tecido asociativo en diferentes áreas.

A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, anunciou que se poderán solicitar ata o vindeiro 20 de setembro, incluído, coa documentación correspondente a través da Sede Electrónica do Concello.

As asociacións e institucións de carácter social e entidades sen ánimo de lucro que soliciten estas subvencións –que en ningún caso superarán os 3.000 euros por asociación ou entidade- deben estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadás do Concello, ter os seus datos actualizados no momento de presentar a solicitude e debidamente xustificadas as axudas ou subvencións concedidas en anos anteriores polo Concello.

Así mesmo, deben cumprir o resto de requisitos que se establecen no artigo 3 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Narón.

As áreas nas que deben traballar as asociacións e entidades solicitantes son: socioeducativa, sociocultural, igualdade, persoas con discapacidade ou drogodependencias, infancia, inmigración, minorías étnicas, atención ás persoas maiores, participación cidadá, mocidade, medioambiental e saúde, tal e como se especifica nas bases da convocatoria, publicadas no BOP do pasado 27 de agosto.

Lea también

109 participantes acuden ó XIX Torneo Cidade de Narón de Tiro con Arco

O pavillón polideportivo municipal da Gándara acolle este sábado 23, a décimo novena edición do …