O Concello de Pontedeume inicia as obras para levar o saneamento a San Cosme-Nogueirosa

O Concello de Pontedeume informa doinicio das obras de ampliación da rede de saneamento municipal ata San
Cosme-Nogueirosa, un núcleo de poboación que non contaba con este servizo que levaba anos demandando.

Os traballos desenvolveranse grazas á financiación do Plan Provincial de Obras da Deputación da Coruña, que aporta preto de 150.000 euros para ampliar a rede de saneamento da vila.

“Con esta obra estamos a resolver unha importante demanda veciñal e levando o  saneamento ata outro núcleo de poboación, seguindo co compromiso de investir nas parroquias”, destaca o concelleiro de Urbanismo, Daniel Ríos.

En concreto, as obras consistirán na ampliación en máis de 400 metros da rede de saneamento para chegar a este núcleo de poboación, que tamén contará con un novo equipo de bombeo.

Con motivo do inicio das obras haberá restricións de tráfico de 08:00 a 18:00 horas a partir deste martes 27 de agosto: o carril bici da zona situada baixo a ponte da autopista estará cortado a ciclistas e peóns, xa que pasará a estar habilitado para o tránsito dos vehículos dos veciños e veciñas afectados polos traballos.

 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …