Se habilitan servicios directos de autobús a «Equiocio Ferrol»

A Xunta pon en marcha unha liña directa de autobús con catro servizos especiais para facilitar os desprazamentos ao certame Equiocio 2024 de Ferrol co obxectivo de garantir así unha accesibilidade óptima ao recinto e fomentar o uso de transporte público.

O evento, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto, prevé unha asistencia de milleiros de visitantes interesados no mundo da hípica.

En detalle, os novos servizos serán dous de ida e dous de volta cada día. Os servizos de ida partirán de Praza de Galicia ás 10,00 e 15,30 horas, chegando á Pedreira ás 10,30 e 16,00 horas, respectivamente.

Pola súa banda, os servizos de volta sairán de Pedreira ás 16,00 e 21,00 horas, con chegada prevista á Praza de Galicia ás 16,30 e 21,30 horas.Esta actuación da Xunta non só dará resposta ás necesidades de mobilidade dos asistentes ao Equiocio Ferrol 2024, senón que, unha vez máis, contribuirá á redución do tráfico nas estradas, favorecendo un transporte máis seguro e sostible.

Deste xeito, o Goberno galego reafirma o seu compromiso coa seguridade viaria e a protección do medio ambiente.

As persoas usuarias poderán desfrutar dun evento que abrangue dende competicións ecuestres ata exhibicións e actividades de lecer para todas as idades sen preocuparse polos desprazamentos cun modo de transporte cómodo e eficiente como é o autobús.

A información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …