Aposta polos programas mixtos do obradoiro de Garantía Xuvenil Inicia VII

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou este luns 22 na nave municipal de San Marcos, en Fene, aos alumnos do Obradoiro de Garantía Xuvenil Inicia VII promovido polos Concellos de Fene, Ares, Mugardos e Cabanas cunha achega da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de preto de 425.000 euros.

Durante a visita, na que estivo acompañada polos alcaldes de Fene, Juventino Trigo; Mugardos, Juan Domingo de Deus, e Cabanas, Fernando Couce, Aneiros puido comprobar o grao de satisfacción dos 15 participantes co programa que se desenvolve na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

Os alumnos atópanse realizando as súas prácticas orientadas á realización de actuacións de mellora das dotacións públicas ou de uso público no ámbito local. Concretamente neste caso trátase de traballos de substitución e colocación de varandas nos municipios de Ares e Fene e a execución de recintos de contedores para o Concello de Mugardos.

A delegada territorial puxo en valor este tipo de programas que “combinan a formación e o emprego e permiten mellorar a empregabilidade e cualificación profesional das persoas participantes, neste caso mozos desempregados menores de 30 anos, para facilitar así a súa inserción no mercado laboral”, dixo.

Con esta finalidade, estas iniciativas coordinan a formación teórica coa realización dun traballo efectivo durante un ano no que o alumnado accede a un contrato e a un salario laboral.

“Ademais ao realizar as súas prácticas en traballos de mellora de dotacións públicas ou a prestación de servizos de interese xeral, isto ten unha repercusión na mellora da calidade de vida e das prestacións para toda a sociedade”, indicou Aneiros.

Unha vez remate o proceso formativos nestes Obradoiros de Garantía Xuvenil, desde a Xunta se prevén incentivos á contratación do alumnado en empresas da contorna. Neste caso as subvencións supoñen dar cobertura aos custos laborais derivados da contratación indefinida por conta allea durante polo menos seis meses para destinos relacionados cos contidos do programa.

Lea también

La judoca June Moreno campeona del sector oeste del Cto de España Absoluto

El domingo 17 se disputó en La Coruña el Trofeo Teresa Herrera “Sector Oeste del …