Este sábado celébrase a IX edición do Slalom Concello de Moeche

O Concello de Moeche presentou oficialmente a novena edición do Slalom Concello de Moeche, que organiza a Escudería Moeche. No acto estiveron presentes en representación do concello Beatriz Bascoy Maceiras e Alba Fernández Orjales, alcaldesa e concelleira de Deportes respectivamente. Por parte da escudería estiveron Moisés García Fernández e Marta Sánchez Novo, Presidente e Vicepresidenta.

A proba, se celebra este sábado día 20 polas rúas de San Ramón de Moeche, a quinta proba puntuable para o campionato galego de slalom do presente ano.

Os asistentes fixeron fincapé no gran número de equipos inscritos, que este ano suman un total de 71. Por outra banda, reseñaron como unha das novidades importantes a variación na parte baixa do circuito que cambia con respecto ás edicións anteriores.

Lea también

EPEF Racing Team da UDC, 3º posto na carreira de vehículos eléctricos en Cartagena

O EPEF Racing Team, integrado por alumnado de grao, de máster e de programas de …