O ciclo Cine de Verán comezará en Narón mañá venres día 5, coa proxección da película Gisaku na praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro. A convocatoria, organizada polo Padroado de Cultura e na que colabora a administración provincial, desenvolverase durante catro domingos deste mes en diferentes espazos públicos da cidade. As películas poderán verse ás 22:30 horas, de balde, nunha gran pantalla que se instalará en cada espazo, xunto con cadeiras, para a ocasión.
O filme Gisaku protagonízao un samurái que ten que cumprir unha misión, que é a historia dunha loita entre o ben e o mal. Diferentes personaxes moi distintos entre si terán que traballar en equipo, vencendo conflitos internos e superando varias dificultades para acadar o fin desexado.
As proxeccións continuarán as vindeiras semanas: o día 12 poderase ver na praza da Gándara a película A todo tren; o 18 na praza do colexio de Xuvia, Súper Mario Bros e, finalmente, o 19 deste mes na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, Pérez, el ratoncito de tus sueños 2.