A Samurai Xtreme Race regresa ao lago de As Pontes o 7 de xullo

A Samurai Xtreme Race regresa ao lago de As Pontes o vindeiro domingo,7 de xullo. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso; o presidente do Samurai Sports Club, José Rodríguez, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, presentaron no pazo provincial a sétima edición do evento, que volve ser puntable para o Campionato Nacional e clasificatoria para o Campionato Mundial de Carreiras de Obstáculos que se celebrará en Mamooth Lakes, Califonia (Estados Unidos) en outubro.

Fuente Diputación de A Coruña

A Samurai Xtreme Race é una carreira de obstáculos que se desenvolve no contorno do lago pontés e conta con obstáculos naturais, como ríos ou gabias, e outros artificiais, como valados, aramados e coches. A proba celébrase desde o 2015 e este ano cumpre a súa sétima edición, para a que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través dun financiamento de 30.400 euros derivado da liña de subvencións para grandes eventos deportivos.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente provincial destacou a consolidación da Samurai nun “espazo único como o lago” e afirmou que une “todo o mellor que ten o deporte: participación, solidariedade, traballo en común, esforzo…”. Formoso trasladou o seu recoñecemento “a todas e todos os que a fan posible”.

A proba está organizada polo Samurai Sports Club e contará cun percorrido de 10 quilómetros no que é preciso superar máis de 60 obstáculos. O presidente da entidade sinalou que a carreira comezou cunha inscrición de 700 persoas na súa primeira edición e que este ano xa supera as 1.200.

O obxectivo é que a presenza feminina, que se incrementou ata o 40 %, acade o 50 % nun futuro próximo. Ademais, a competición non está destinada unicamente a maiores, pois a rapazada de 4 a 13 anos poderá gozar da Samurai Junior Race, que conta cun cento de pequenos anotados.

Antonio Leira apuntou, pola súa banda, que a proba reúne “valores, reto e espectáculo”, polo que animou a acudir ao lago o domingo a desfrutar dela.

Lea también

Continúa avanzando el plan de sendas dentro de las medidas autonómicas sobre seguridad vial

  La seguridad vial es una prioridad absoluta para el Gobierno gallego, puesto que se …