Cerdido, sede do XVII Campionato Galego de Dominó por parellas

A competición, terá lugar o sábado 29 de xuño e a organiza o Concello de Cerdido, a Federación Galega de Dominó e a Asociación Recreativa Deportiva Dominó CVM, terá lugar no polideportivo Municipal a partir das 10:15 horas.

As partidas, desenvolveranse nun primeiro momento polo sistema de primeira rolda a sorteo e, despois, polo sistema suízo, que consiste en chegar a 300 puntos nun tempo límite de 50 minutos.

Despois das cinco primeiras partidas, efectuarase un corte para a constitución dos grupos A e B. O grupo A formarano todas as parellas con 5, 4 e 3 partidas gañadas, deixando o resto de parellas ao grupo B, coa particularidade de que o grupo A deba estar composto por un número par de parellas.

A partir das 10:15 e ata ás 13:50 horas terán lugar as catro primeiras roldas. Máis tarde, sobre ás 14:30 horas celebrarase unha comida servida por Landeira Pulpeiros do Carballiño e a partir das 16:15 horas retomarase a competición ata as 19:50 horas, coa finalización do torneo.

A entrega de premios terá lugar a partir das 20:15 horas, con agasallos para todos os asistentes cun trofeo individual, e a maiores, a Federación Galega de Dominó subvencionará co importe da inscrición no Campionato de España por parellas 2024 á 1ª, 2ª e 3ª parella clasificada do grupo A.

As inscricións teñen un custo de 40 euros por xogador e o prazo pecharase 15 minutos antes da hora de comezo do torneo. Para inscribirse ou obter máis información pódese contactar co teléfono 636 110 492 (Daniel).

O comité de honra estará composto polo Alcalde de Cerdido, Alberto Rey, o concelleiro de deportes, Diego Graña, e a concelleira de cultura, Amalia Díaz. A súa vez, o comité organizador estará composto polo presidente da Federación Galega de Dominó, Manuel Seoane, e polo presidente e secretario do Club Dominó CVM, Víctor Lago e Arsenio Martínez, respectivamente. A arbitraxe do torneo corresponderá a Manuel Salgado.

Segundo indica o alcalde, Alberto Rey, “con esta competición de carácter autonómico, preténdese poñer o nome de Cerdido no mapa, nun día de festividade para os achegados”

O rexedor subliñou “a importancia de apoiar o deporte no noso municipio a todas as idades, facilitando que toda a veciñanza poida participar nun torneo destas características”.

Lea también

Ferrol celebra la VII Jornada de actualización para entrenadores de fútbol

El alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, participó en la apertura de la VII …