Psoe Ferrol acusa ao Goberno local ter paralizado a candidatura de Patrimonio Mundial

O Grupo Municipal Socialista de Ferrol acusou ao goberno popular de Rey Varela de ter “totalmente paralizado” o expediente da candidatura ante a Unesco de Ferrol como Patrimonio Mundial.

Como afirmou a concelleira Eva Martínez, «o Partido Popular local non foi quen de convocar nin en unha ocasión a comisión de seguimento do expediente, constituida o pasado mandato e integrada por Concello, Armada e Xunta, o que supuxo que por primeira vez en moitos anos as tres institucións -as principais que integran a candidatura local-se sentaran e acordaran traballar da man para acadar un acordo que fructificara coa designación desta importante distinción por parte da Unesco».

Martínez informou de que o martes, a preguntas en comisión informativa da área, «a concelleira de Patrimonio Histórico e Turismo, María del Carmen García Fraga, recoñecía que non se tivera celebrada reunión ningunha para abordar esta candidatura, o que para os socialistas evidencia que “o goberno local non ten interese ningún neste tema, como amosou sempre que estivo ao fronte da administración municipal”.

“Rey Varela asegura sen rubor que agora a xente xa fala ben de Ferrol, pero logo non ten absolutamente interese ningún pola promoción e posta en valor do noso patrimonio histórico”, asegurou a concelleira socialista, para a que “unha vez máis, o alcalde prégase aos intereses da Xunta de Galicia, empecinada en non promover a nosa candidatura en beneficio doutras, como a de Ribeira Sacra”.

De feito, Martínez Montero preguntou «se finalmente a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta chegou a investir a partida comprometida co anterior goberno socialista de Ángel Mato para, entre outros aspectos do expediente, redactar o plan de turismo sustentable e, a este respecto, instou ao executivo autonómico» a “deixar de enganar a Ferrol e apostar dunha vez, e non só con palabras cando interesa, por esta candidatura, que pode axudar de forma decisiva á diversificación económica da nosa cidade”.

“Está moi ben continuar, aínda que sexa case ten tempo e sen interese ningún en implicar á cidadanía, con actividades como o Festival Ilustrado que nós reclamamos e saúdamos que se non teña escoitado, pero estas accións deben ir acompañadas do traballo político e técnico relevante, que é o de pechar un proceso que leva 24 anos e que o PP está a parar de forma intolerable”, afirmou Martínez Montero.

Xerencia da sociedade baleira mixta e oficinas de turismo sen contrato

«Esta falta de promoción de Ferrol faise especialmente chamativa en turismo». Así, no pleno ordinario de fin de mes, a edil preguntaba pola situación “anómala” e “preocupante” na que se atopa tanto a sociedade mixta de turismo, sen xerente dende o 9 de xaneiro, como as oficinas do porto e a praza de España, sen contrato dende o 30 de decembro de 2023.

“O goberno de maioría absoluta do PP non é quen de buscar solución para a xestión da política turística nin de sacar os pregos para a atención aos turistas, especialmente grave nestes momentos nos que comeza a tempada alta en Ferrol, e o goberno absolutista do PP non nos facilita información ningunha de como están os respectivos expedientes nin nos fai partícipes dos mesmos, cando son cuestións que afectan ao futuro da cidade”, comentou a concelleira socialista

Lea también

El parque del Montón se recupera como espacio de disfrute

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz, realizó una visita en la mañana de este …