Narón acolle un faladoiro informativo sobre o Día Mundial do Corredor

 

A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou unha das iniciativas que se desenvolverá a vindeira semana, concretamente o mércores día 5, na Biblioteca municipal, o faladoiro informativo sobre o Día Mundial do Corredor

A planta soto acollerá, a partir das 19:00 horas esta proposta, con cuxa efeméride se homenaxea aos millóns de corredores do mundo.

O Club Deportivo 21 Leguas colabora nesta proposta, de acceso libre ata completar a capacidade da sala. Integrantes do citado club deportivo participarán no faladoiro, abordando temas de interese para os corredores e corredoras de todos os niveis.

Hugo Piñeiro ofrecerá información sobre como correr en montaña e equipamento esencial para unha experiencia segura; Tamara López sobre a importancia de contar con especialistas deportivos para mellorar o rendemento e previr lesións e Manel Lorenzo, a partir da súa experiencia persoal, analizará perfís de corredores atendendo ás diferentes idades e niveis de experiencia.

Así mesmo, abordaranse os beneficios para a saúde de practicar este deporte.

Lea también

Miriam Casillas retoma las Series Mundiales en Hamburgo como 35 del ranking

La olímpica del Triatlón Ferrol disputará el sábado 12 la prueba individual y podría ser …