O Concello de Neda pon en marcha o programa «Lesme un conto?», na biblioteca

O Concello de Neda anunciou onte martes a posta en marcha dun novo programa cultural na Biblioteca Municipal da localidade: «Lesme un conto?». Un proxecto de animación á lectura e achegamento ao centro municipal dirixido ás familias. Dará comezo mañá mércores, día 7 , a partires das 18 horas. Segundo explicou a concelleira de área, Eva Olmo, a iniciativa nace da positiva resposta da veciñanza de Neda á actividade planteada polo Concello o pasado 24 de outubro para conmemorar o Día Mundial da Biblioteca: lecturas compartidas entre nenos e nenas e os seus pais, nais e avós.

Deste xeito, hoxe, persoal propio do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contarán-leerán diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas. Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas «lecturas compartidas», os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e seleccionarán aqueles libros que desexen levar á casa.

Por último, a edil Eva Olmo animou ás familias a participar na actividade, que se repetirá o vindeiro 21 de novembro, e o 5 e 19 de decembro.

Lea también

Charlas de reciclaje en Neda, Semana europea de la prevenciones de los residuos

Se ha iniciado en los colegios de Neda las charlas de reciclaje con motivo de …