O BNG de Ferrol insta executar os proxectos previstos no rural, Recimil, Ultramar e Santa Mariña

O Bloque Nacionalista Galego de Ferrolcuestionou a decisión do goberno local «de dar de baixa o crédito orzamentario destinado a proxectos de mellora de infraestruturas da nosa cidade como son: a rehabilitación do mercado de Recimil, dotar ao barrio de Ultramar dun local social, a iluminación pública da zona rural e o tapón urbanístico da rúa Penas de Guitín».

«Todos estes proxectos levan moito tempo agardando para a súa execución e que incomprensibelmente a decisión do goberno local de Rey Varela é anulalos dando de baixa as partidas orzamentarias reservadas para estes fins».

O Bloque Nacionalista galego esixe ao alcalde desta cidade que «rectifique esta decisión que pretende adoptar na comisión informativa que se celebrará o vindeiro venres e instao a dar inicio aos expedientes de execución destes traballos o antes posíbel».

Lea también

Este miércoles empezarán los trabajos de emergencia en el edificio en ruinas en la calle Río Novo

Este sábado tuvo lugar un nuevo derrumbe interior en un edificio abandonado en Ferrol Vello, …