Focus Group de Expertos no marco do proxecto Europeo Impact Finance, no que participa a Universidade da Coruña

A Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña celebrou un Focus Group ou mesa de Expertos no marco do proxecto europeo Impact Finance.

Durante máis de 3 horas, destacados profesionais de distintas entidades e sectores, incluíndo banca, educación, consumo e organizacións xuveniles, compartiron as súas experiencias e aportaron a súa visión sobre este tema crucial, como son as finanzas personais sostibles da xuventude.

O PROXECTO

O Impact Finance é un proxecto europeo enmarcado dentro da convocatoria ERASMUS +, e o seu principal obxectivo é analizar as finanzas personais sostibles da xente nova. Neste proxecto participan investigadores de España, Chipre, Grecia e Lituania.

Pola parte española, participan os profesores da Universidade da Coruña: Begoña Álvarez, Joaquín Enríquez, Dolores Lagoa, Susana Iglesias (Departamento de Empresa) Laura Varela (Departamento de Economía) e Andrea Teira (Departamento de Dereito Público).

 

Lea también

Luis Zahera recibe la Medalla de Oro de las Bellas Artes durante el rodaje de la serie ‘Animal’ en Santiago

El ministro de Cultura, Ernest Urtasun, ha entregado este miércoles al actor gallego Luis Zahera, …