A Deputación presenta o calendario do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Deputación da Coruña vén de presentar o calendario de actuacións do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado, organizado polo IES Rosalía de Mera, centro dependente da institución provincial.

Representaranse un total de 69 obras, que comezan o venres, 5 de abril, coa representación da obra ‘El sorteo de Cásina’ de Cía Noite Bohemia, e rematan o sábado, 8 de xuño con ‘El perro del hortelano’, da mesma compañía.

Ao remate de todas as funcións, no mes de xuño, o Teatro Colón acollerá unha gala final de clausura para facer entrega dos premios do certame.

A entrada para todas as obras é totalmente gratuíta e a apertura de portas realizarase 10 minutos antes do comezo das actuacións.

Trátase dun certame de carácter provincial, aínda que está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, tamén poderán presentarse entidades, compañías e centro educativos de fóra de Galicia.

As obras pertencen a calquera xénero teatral nas categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Horarios de todas as funcións na seguinte ligazón:

https://iesrosaliamera.gal/upload/recursos/cat_32/324/calendario%20publico%20xxv%20certame%20teatro%2020_03_2024.pdf?entradaActiva=[68,%2065]

Lea también

Galeatro abrirá el próximo 21 de agosto en Muxía el proyecto ‘Os Muíños no camiño’

Galeatro lanza este mes su proyecto ‘Os muíños no camiño’, una iniciativa que mezcla las …