O proxecto Turismo-mineiro no que participa As Pontes, seleccionado polo programa “Experiencias Turismo España”

Ministerio de Industria e Turismo publicou este venres 22 a listaxe de solicitudes que obteñen financiamento na proposta de resolución provisional de concesión das axudas ao programa “Experiencias Turismo España”, entre as cales se atopa o proxecto Turismo mineiro-industrial do carbón. Rede de Territorios de Transición Xusta.
 
 
Este proxecto conta cunha achega de 682.500 euros, provenientes de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e está formado por seis entidades: Concello das Pontes de García Rodríguez, Deputación de Córdoba, Deputación de León, Deputación de Teruel e Hunosa, coordinado pola Fundación Ciudad da Enerxía (CIUDEN).
 
O obxectivo deste proxecto é a posta en valor do patrimonio mineiro -industrial asociado ao carbón das zonas de transición xusta para que sirva como base para a creación dunha experiencia turística innovadora e sostible.

Lea también

La obra ‘As Mouras’ en Fene, del pontés Wedo Goás, elegida mejor mural del mundo 2025

 El mural «As Mouras», obra del artista nacido en As Pontes Edgar Goás Blanco (Wedo …