Ares completa a instalación de 40 paneis fotovoltaicos no depósito de Os Castros

A concellaría de Urbanismo de Ares informou da substitución completa dos equipos fotovoltaicos no depósito de Os Castros, unha montaxe que vén de rematar recentemente e que supón contar cunha infraestrutura en enerxía sostible totalmente nova.

Poderase cubrir canto menos o 25 % do consumo que require a prestación de servizo de abastecemento de auga, grazas ós 40 paneis xa instalados. A intervención de renovación implicou un investimento de 27.448,40 euros, IVE incluído, asumido entre o Instituto Enerxético de Galicia (14.220 euros) e o Concello (13.228,40 euros), e supón continuar dando pasos na procura de medidas de aforro enerxético en toda a vila de Ares.

“Nos últimos anos, o Concello foi incorporando aos espazos municipais cada vez máispaneis fotovoltaicos, principalmente polo noso compromiso pola mellora da eficiencia enerxética, a procura da sostibilidade e a redución do impacto medioambiental. Éparte dun traballo continuo de modernización e renovación da nosa rede enerxética aos novos tempos”, declarou Olimpia Marcos, de cara a contextualizar esta última instalación sobre o depósito de Os Castros.

Lea también

La Policía Local de Ares intervino en dos incidencias en la noche del sábado

  En la noche del sábado los efectivos de la Policía Local de Ares han …