Un grupo de familias do CEIP Cruceiro Canido solicita melloras nos comedores escolares

Un grupo de familias do CEIP Cruceiro de Canido entregou preto de 200 sinaturas no rexistro do Concello de Ferrol solicitando melloras nos comedores escolares

A través dun comunicado o CEIP expresa o seguinte «Os comedores escolares lévanse a través de unha subcontrata do Concello, un servizo que non é da a súa competencia, senón que debido que a Xunta de Galicia desatende aos centros é o Concello quen ten de facerse cargo»

«Demandamos un cambio de modelo do servizo de comedores. Queremos pasar dun modelo 42 km (41,5 km é a distancia entre Ferrol e Bergondo, onde se atopan as cociñas da empresa subcontratada) a un modelo km cero. É dicir, un servizo de proximidade tanto na elaboración como na procedencia e na merca dos alimentos.»

«Actualmente son constantes as queixas do alumnado sobre a comida (mala elaboración ou que non chega quente á mesa).» «Do mesmo xeito cremos insuficiente a ratio do persoal de atención nos comedores para o alumnado, xa que hai unha ratio de 1 monitorado por 18 de alumnado»

É por isto que «solicitamos que o Concello publique urxentemente un novo prego de condicións xa que os úlmos pregos a concurso saíron no 2017 ; que os pregos sexan debados no Consello Escolar Municipal ;que as condicións dos ditos pregos alenten a parcipación de empresas da comarca de Ferrolterra, cun criterio de responsabilidade social para co entorno apostando por unha verdadeira economía circular e que os menús se elaboren primando os produtos de tempada e locais e nunhas instalación de cociña na nosa cidade»

E por último «demandamos que aumente a rao de persoal de atención no comedor e que este sexa estable, independentemente do número de comensais, o que permiría eliminar o preaviso de 48 horas que impide a conciliación en caso de imprevistos e favorece a estabilidade laboral do dito persoal.»

O que fai o concello

Según datos facilitados polo concello de Ferrol, «Estase a rematar o prego para sacar a licitación o servizo de comedor escolar e faltan os trámites administrativos pertinentes para que se poida aprobar.

Neste momentos, ademáís, estanse a facer unhas xornadas de portas abertas para as familias dos alumnos e alumnas que empregan este servizo coñezan as súas instalacións e os menús que están establecidos diariamente».

 

Lea también

Inauguración de la jornada Ferrol, motor de proyectos transformadores con impacto

El teniente alcalde de Ferrol, Javier Díaz Mosquera, participó en la mañana de este jueves …