FeC a través dun comunicado expresa que na comisión do xoves 16 o goberno municipal ferrolano comunicou a realización dunha actividade chamada “Amor x Ferrol” que tería lugar esa mesma mañá e á que «os grupos municipais non estaban convidados»
«Segundo as súas explicacións era una actividade consistente na plantacións dunhas árbores no espazo do Skate Park da Malata, organizada pola Concellería de Xuventude e por tanto, pagada dende este área». «Sen embargo isto non é tal, pois as persoas participantes son menores de 12 anos, de tres CEIP elixidos polo goberno local e por tanto, perfís que non forman parte da área de xuventude senón da area de infancia»
«Dende que o goberno do Partido Popular tomou posesión xa en xuño do pasado ano, a Concellería de Xuventude segue a ser inexistente, sen programación, sen actividades e sen persoal. Incluso desmantela de fondos esta concellería para pagar outros festexos coma xa pasou en Nadal». «E agora atopámonos cunha actividade infantil, porque vai dirixida ao colectivo de menos de 12 anos, explicada coma traballo da area de xuventude, cando non é así»
«Este goberno non ten capacidade para xestionar un area de mocidade, pois o único que amosa coa súa inacción é incompetencia e levando a cabo este tipo de actividades dirixidas a un público erróneo, amosan o seu descoñecemento absoluto por un área que debería de ser fundamental na nosa cidade»