ASCM continua co proxecto “Tesouros diversos: a riqueza da diversidade”

A Asociación ASCM acadou a finais do 2023 a resolución favorable ao proxecto Tesouros diversos: a riqueza da diversidade que fora presentado na convocatoria de outubro dese mesmo ano á convocatoria do GALP Golfo Ártabro Norte e que versa sobre a importancia de conservar e preservar o medio mariño, o seu patrimonio, os produtos da pesca e poñer en valor a cohesión entre diferentes sectores sociais.

O proxecto extenderase ata o último trimestre do presente ano 2024 e contempla tres liñas principais de traballo:

-Formación, que recibirán os usuarios de ASCM e coa que despois seráneles e elas quen realice actividades noutros centros colaboradores. As actuacións levaranse a cabo no mes de marzo.

-Actuacións de divulgación, sensibilización e valorización de productos pesqueiros que irán destinadas aos usuarios da entidade promotora, centros de maiores e de persoas con discapacidade, sector pesqueiro e público en xeral. No marco destas actuacións hai un amplo programa de actividades que se propolongarán ata finais do verán.

-Acto de clausura no que dar a coñecer os resultados obtidos e degustar produtos pesqueiros do territorio. Terá lugar no mes de outubro.

Colabora na iniciativa a Confraría de Pescadores de Barallobre que, ademais de aportar parte do produto pesqueiro das degustacións, será tamén receptor e partícipe activo nas actuacións de sensibilización propostas.

Lea también

El presupuesto del Concello de Ferrol, entra en vigor

El Boletín Oficial de la Provincia ha publicado este miércoles 22 la aprobación definitiva del presupuesto …